26 Sep Seminario: “Análise de Redes” | Proxecto ECOSER 2.0
O proxecto Ecoser 2.0, coordinado polo Prof. Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab, organiza o xoves 29 de setembro o seminario ‘Análise de Redes’, unha actividade en colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través do Programa Pleamar, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Dirixido a profesorado, persoal investigador e alumnado interesado na análise e interpretación de redes, o seminario será impartido polos investigadores Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab, e Andrés Ospina (investigador do IMEDEA-CSIC).
A teoría de redes proporciona técnicas para analizar a fondo a estrutura dos axentes interactivos cando se proporciona información adicional e relevante. As aplicacións da teoría de redes son amplas en varios campos do coñecemento, dende as ciencias biolóxicas, informática, pasando pola enxeñería eléctrica, a teoría de xogos e as redes sociais, ata a economía ou a política. Ademais, presentarase o tema empregando exemplos das ciencias naturais, sociais e informáticas.
O seminario desenvolverase das 17.00 ás 18.30 no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. Está aberto ao público e poderá seguirse tanto de forma presencial como en liña. A inscrición pode realizarse nesta ligazón.
No Comments